A quinta onda remite na área sanitaria, que suma 24 novos positivos e ten 18 pacientes no hospital
Por Natalia Puga
A quinta onda da pandemia da covid-19 segue remitindo na área sanitaria de Pontevedra e ou Salnés, aínda que moi aos poucos. Este martes 24 de xullo hai 61 casos activos menos que o día anterior tras confirmarse 24 novos positivos e 85 altas.
Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, este martes, con datos das seis da tarde do luns, hai 884 casos activos de covid-19, dos que 866 son pacientes asintomáticos ou con síntomas leves que están en corentena no seu domicilio e 18 hospitalizados.
Nos hospitais, hai cinco pacientes hospitalizados menos, aínda que tamén hai que ter en conta que se rexistraron dous falecementos. Ata o de agora, faleceron por este virus na área sanitaria 197 pacientes, os dous últimos, dous pacientes ingresados en Montecelo. Trátase dunha muller de 91 anos e un home de 92 anos, ambos con patoloxías previas.
Non hai cambios na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, onde se manteñen catro pacientes. Si hai cambios en planta de hospitalización, que pasa de 19 a 14. Son 11 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés.
Desde o inicio do plan de continxencia do COVID-19 curáronse 19.905 pacientes (85 na última xornada) e realizáronse 290.555 probas PCR’ s, das que 310 foron nas últimas 24 horas. Hai que sumar tamén a realización de test de antígenos.
Relacionadas:
-
Unha paciente de 84 anos eleva a cinco as mortes con covid en Montecelo desde o sábado
Por Redacción |
-
Estabilidade nos hospitais da área sanitaria, que ten 18 pacientes ingresados e suma 22 novos positivos nun día
Por Natalia Puga |
-
Unha muller de 68 anos falecida en Montecelo é a vítima 198 da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, únicos concellos en nivel alto a partir do sábado na área
Por Redacción |
-
Dúas novas mortes con coronavirus de pacientes con máis de 90 anos na área sanitaria
Por Redacción |
-
A área sanitaria baixa dos mil casos activos de covid-19 por primeira vez en seis semanas
Por Natalia Puga |