'Xoves ao clareo' terá continuidade como cita alternativa para o lecer da mocidade
Por Redacción
As máis de cen prazas ofertadas para os seis talleres que neste verán incluíronse no programa 'Xoves ao clareo' cubríronse e as actividades convertéronse en todo un éxito. O Concello de Barro mostra a súa satisfacción por esta primeira edición desta iniciativa que buscaba ofrecer alternativas de lecer para a mocidade do municipio.
O ciclo de accións desenvolvíase todas as noites dos xoves de verán. A primeira proposta era unha sesión de Batuka, que precedeu aos talleres de elaboración de xeados, patinaxe, elaboración de coiro, creación de estampas e unha excursión nocturna ao monte Acibal para realizar unha visión astronómica e comprobar a choiva de perseidas.
Ante a elevada participación e o bo funcionamento destas propostas, o goberno municipal xa anunciou que esta cita de entretemento para a mocidade do Concello vai quedar fixada no calendario estival e en próximas edicións desenvolveranse novas actividades coa intención de ofrecer opcións deportivas, culturais, sociais e creativas para todos os gustos sen necesidade de trasladarse a outros municipios.