Pragueira ábrese este xoves ao baño mentres Bascuas aínda terá que agardar
Por Redacción
A praia de Pragueira, no municipio de Sanxenxo, baixará a bandeira vermella este xoves 26 e volverá abrirse ao baño, unha vez que as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade confirmaron o bo estado das augas.
Bascuas, en cambio, aínda terá que esperar 24 horas máis para que os seus usuarios poidan darse un mergullo. Segundo informan desde o goberno local do Concello de Sanxenxo, nos resultados das últimas analíticas realizadas comprobouse que un dos parámetros aparecía alterado. Por este motivo, o baño estará prohibido en Bascuas durante este xoves.
O luns 23, o Concello alertaba da presenza dunha vertedura e decidíase, como medida preventiva, evitar o baño nas augas destes dous concorridos areais. A vertedura procedía dunha tubaxe de saneamento que realiza a impulsión do bombeo de Aios.
A concesionaria do servizo reparou ao longo desa xornada o dano, con todo, o goberno local decidiu esperar ata obter o resultado das análises das augas para tomar unha decisión que garanta a saúde dos bañistas que, durante estas xornadas, acudiron masivamente ás dúas praias ante a calor rexistrada nas Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Areas baixa a bandeira azul e o Concello non recomenda o baño no seu extremo esquerdo
Por Redacción |
-
Bandeira vermella nas praias de Pragueira e Bascuas por unha avaría na tubaxe de abastecemento
Por Redacción | Creada e actualizada
-
As praias de Sanxenxo ya presumen das súas dezasete bandeiras azuis
Por Redacción |