Renovación do alumeado público da estrada N-640 en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis traballa na renovación da iluminación pública exterior da estrada N-640 ao seu paso por Loureiro e Novás, na parroquia de Portela, ademais de en Anllada e A Sobreira. Unha actuación similar realízase en Cardecide ao paso da estrada provincial EP-8402.
Segundo indica o alcalde Manuel Campos trátase dunha intervención dirixida a mellorar a eficiencia enerxética cun investimento de 41.000 euros. O 85% do orzamento está financiado polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) do Ministerio de Transición Ecolóxica. O 10% restante procede da Deputación de Pontevedra e o resto, do Concello.
Cambiaranse 95 luminarias actuais por outras tipo Led para reducir en máis dun 30% o gasto eléctrico do Concello. Este tipo de operacións inclúense nos proxectos de fomento dunha economía baixa en carbono.
Segundo Campos, estes proxectos permitirán ao municipio ser máis sostible e aforrar unha importante cantidade económica das arcas municipais.
Relacionadas:
-
Cuntis investirá 105.923 euros na sustitución por led de 238 puntos de luz
Por Redacción |
-
Cuntis mellora o camiño da N-640 ao enlace de Soutelo
Por Redacción |
-
Nova achega do IDAE para instalar caldeiras de pellets en instalacións municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Renovan a capa de rodaxe na travesía da N-640 ao seu paso por Cuntis
Por Oskar Viéitez |