A campaña 'Volta ao cole' promocionará os comercios de proximidade con vales de 60 euros
Por María José Pita
O mércores 1 de setembro arranca a terceira edición de 'Volta ao cole', a campaña de apoio ao comercio local e ás familias que teñen que mercar material escolar, roupa ou uniformes.
A novidade esta edición, segundo destacaba a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, é que van participar máis establecementos ademais dos directamente relacionados cos artigos de uso dos escolares.
"Loxicamente non van entrar tendas de alimentación, nin perruquerías nin farmacias, por exemplo, pero si vamos a intentar, como xa fixemos nos anos anteriores, chegar a todos os barrios", como é o caso de Monte Porreiro, manifestaba Blanco, á vez que insistía no obxectivo de "promocionar o pequeno comercio e o produto de proximidade".
Calcúlase que para esta campaña participarán ao redor de 400 comercios, que estarán identificados coa cartelería da 'Volta ao cole'.
Entres estes establecementos repartiranse os cartóns do "rasca e gaña", polo que os clientes poden acceder a un vale de 60 euros que poderá ser trocado nas tendas participantes. En total, para este sistema de bonos a concellería de Promoción Económica destinou unha achega de 3.000 euros que se corresponde a 50 cartóns premiados.
"É moi necesaria esta campaña neste mes de setembro que as familias con nenos en idade escolar fan un gasto de diñeiro moi importante", remarcaba Yoya Blanco.
A campaña "Volta ao cole" estenderase desde o 1 ata o 20 de setembro.
Relacionadas:
-
Preparar a volta ao cole no comercio pontevedrés volve ter premio
Por Redacción |
-
347 negocios adhírense á campaña 'Volta ao Cole'
Por Redacción |
-
40 premios rasca por valor de 75 euros para investir no pequeno comercio local na 'Volta ao cole'
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Éxito no sorteo da campaña municipal ‘Volta ao Cole’ con preto de 30.000 papeletas
Por Redacción |