Falece Francisco Javier Cobián, alcalde de Pontevedra entre 1991 e 1995
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Francisco Javier Cobián Salgado, o que foi alcalde de Pontevedra desde o ano 1991 ata 1995 co Partido Popular, falecía nas últimas horas.
"Pancho" Cobián como era coñecido popularmente era natural do municipio da Estrada, onde naceu no ano 1944 pero, aos poucos meses do seu nacemento, a súa familia xa se trasladou a Pontevedra onde estableceu o seu domicilio.
Ao longo da súa traxectoria profesional, traballou como técnico de Facenda, en Vigo e en Pontevedra, para tamén emprender un proxecto co seu irmán á fronte dunha xestoría familiar. Era pai de tres fillas.
Os seus inicios políticos remontábanse a 1987. Precisamente, o presidente local do Partido Popular, Rafa Domínguez, trasladaba a través das redes sociais a noticia do seu falecemento, lembrando cunha foto o encontro que mantivo co ex alcalde en maio de 2019. Naquel momento, Pancho Cobián, que se mantiña ao marxe da política desde que deixara a alcaldía, mostraba o seu apoio público ao candidato dos populares.
Tamén o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda, transmitía o seu pesar en Twitter ao igual que o alcalde de Pontevedrda, Miguel Anxo Fernández Lores e a Deputación Provincial, que destaca o seu labor como defensor da Universidade Pública.
O funeral terá lugar este luns 30 de agosto a partir das 18.00 horas na Basílica de Santa Marín.
Ha fallecido Pancho Cobián, uno de los mejores alcaldes que ha tenido Pontevedra y con el que tuve la suerte de compartir un rato hace un par de años. Pontevedra le debe mucho. D.E.P. pic.twitter.com/93Kdt5RpRE
— Rafa Domínguez (@RafaDominguezPo) August 28, 2021
Ha fallecido Pancho Cobián. Fue un buen alcalde de Pontevedra, un servidor público sin egoísmo, y una buena persona. Descanse en paz pic.twitter.com/KzNunO3ls3
— Alfonso Rueda (@ARueda68) August 28, 2021
O meu sentido pésame polo pasamento de Javier Cobián, alcalde de Pontevedra a primeiros dos anos 90. As miñas condolencias á familia, amigos e achegados.
— Miguel Anxo F. Lores (@Lorespontevedra) August 28, 2021
Relacionadas:
-
Proposta do PP para que as rúas de Pontevedra leven o nome de ex alcaldes da democracia
Por Redacción |
-
O último adeus de Pontevedra a Francisco Javier Cobián
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
"A historia da cidade está marcada co nome do alcalde Cobián, ao que Pontevedra estará sempre agradecida"
Por Redacción |
-
O ex alcalde Javier Cobián 'bendice' a Rafa Domínguez: "Pontevedra necesita savia nova"
Por Alejandro Espiño |