Rescatan un can dun pozo empregando un cable e un todoterreo
Por Almu Dapena
O Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados e Protección Civil de Ribadumia rescataron este sábado a un can que caera a un pozo en Cabanelas, no municipio de Ribadumia.
Foi o dono o que viu que o animal se había precipitado ao fondo do pozo e automaticamente chamou para pedir axuda.
Media hora despois, Emerxencias e Protección Civil chegaron ao lugar para actuar na liberación. Para iso, usaron unha escaleira pola que baixou o dono do can, ataron un cable e este a un todoterreo, co que tiraron para sacar tanto o dono como o can do pozo.
Segundo explicaron desde Protección Civil, o animal atopábase nun estado de tensión e ansiedade que complicou o rescate pero, unha vez liberado, non tardou en recobrar a súa actitude habitual. Agora atópase en perfecto estado e plenamente recuperado do susto.
Relacionadas:
-
Salvan un can moribundo nunha lameira en Poio
Por Redacción |
-
A Policía Autonómica e Os Palleiros descobren e rescatan outro can en Bora, atado e malnutrido
Por Andrea Sánchez Barreno |
-
Rescatan unha cadela en Bora: "A pena é que quedaron dous máis"
Por María José Pita |
-
Rescatan 12 cachorros de dúas camadas nun prazo de dous días en Caldas de Reis e O Porriño
Por Redacción |