Dous 'cacos' móntanse o día fantastico no Corte Inglés
Por Natalia Puga
Tan só catro compras e 2.281 euros menos na conta corrente. Non é o resultado dunha tarde de compras, senón dunha estafa cometida Nel corte Inglés por unha parella que utilizou unha tarxeta roubada para 'montarse un día fantástico'.
Os presuntos responsables desta estafa son dous veciños de Vigo, un home e unha muller de 41 e 28 anos. Ambos os dous teñen antecedentes policiais e foron detidos pola Policía Nacional como autores dos delitos de de furto e posterior estafa, usando fraudulentamente unha tarxeta.
A estafa que baleirou 2.281 euros da conta bancaria da vítima ten a súa orixe nun furto cometido o 12 de setembro nunha furgoneta da súa propiedade. No seu momento, un veciño de Pontevera denunciou na Comisaría que alguén aproveitara que estaba a descargar material do vehículo para subtraerlle varios obxectos.
Entre o material furtado encontrábanse unha videocámara, dous sobres co anagrama da empresa nos que tiña 2.000 e 1.500 euros e unha carteira con 500 euros e documentación como unha tarxeta de compra do centro comerial El Corte Inglés que non consigió anular ata o día seguinte.
Nese espazo de tempo no que a tarxeta non conseguiu aularse, unha soa xornada, realizáronse catro compras por 2.281 euros en material escolar, roupa de colexios, perfumaría, informática e roupa de marca nun establecemento comercial desta cadea.
O departamento de seguridade do centro comercial alertou deste rechamante volume de compras e a Policía Nacional colaborou cos 'seguratas' para tratar de descubrir todos os datos posibles sobre as compras efectuadas coa tarxeta. Comprobaron que as realizaran un home e unha muller e lograron detelos o 25 de outubro.