O Goberno xestiona o traslado de Pablo Costas á capital de Iemen e agarda un "rápido" regreso a Bueu
Por Redacción
Pablo Costas Villar, patrón do barco 'Cobija' natural de Bueu, foi liberado esta fin de semana tras once meses retido nun buque no porto de Al Mukalla, en Iemen. Agora que recobrou a liberdade, queda que regrese á casa e segundo confirmou a DelegacIón do Goberno en Galicia, xa están en marcha as xestións para que ese momento chegue o antes posible.
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, indicou este luns que, unha vez que está en liberdade, o Ministerio de Exteriores "está a xestionar o seu traslado ate a capital para poder efectuar a súa repatriación vía aérea". Tras a súa liberación, Costas, o tripulante peruano e outros dezasete mariñeiros indonesios que se atopaban no buque foron trasladados a varios hoteis da zona do sur Iemen.
Unha vez que logren o seu traslado á capital, Miñones espera que "o traslado sexa o máis rápido posible para a súa volta a casa".
O delegado do Goberno en Galicia congratúlase pola liberación do patrón de Bueu e felicitou ao Ministerio de Exteriores e o seu titular, José Manuel Albares, pola súa liberación.
Segundo asegurou, o Ministerio fixo "un traballo silencioso, constante e sen publicidade" que "finalmente acada o éxito coa liberación do mariñeiro".
Pablo Costa levaba once meses retido en Iemen, xunto a outros trinta mariñeiros de diversas nacionalidades a bordo do 'Cobija', acusado de pesca ilegal no Índico por parte de Australia. O delegado do Goberno en Galicia asegura que a liberación logrouse grazas ás xestións do Ministerio e das delegacións diplomáticas próximas a ese país, xa que España non conta con embaixada en Iemen.
Segundo asegurou, grazas a esas xestións, recibiu axuda diplomática e mesmo, nas últimas datas, "víveres ante o abandono da empresa propietaria do buque". Chegou a estar nove días sen comida.
Relacionadas:
-
Pablo Costas, tras chegar a España: "Foi un calvario. Nos secuestraron nas peores condicións"
Por Alejandro Espiño |
-
"Estamos aliviados pero ata que poidamos abrazalo non estaremos tranquilos de todo"
Por Alejandro Espiño |
-
Liberan a Pablo Costas e a tripulación do Cobija retida en Iemen
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O BNG urxe ao Goberno que traballe para a evacuación inmediata do patrón de Bueu retido en Iemen
Por Redacción |
-
SOS da familia do mariñeiro retido en Iemen: "Que clase de 'gentuza' ten a 30 homes ao bordo da morte?"
Por Alejandro Espiño |
-
Bueu reivindica a cultura do mundo mariñeiro con xornadas de promoción do polbo
Por Redacción |
-
Un mariñeiro de Bueu leva case un ano retido nun porto iemení e en condicións deplorables
Por Redacción |