Verducido e os dous 'Xeves' estrearán iluminación eficiente dentro de seis meses
Por Alejandro Espiño
A empresa pontevedresa Setga será a encargada de renovar toda a iluminación pública de tres novas parroquias do rural: Verducido, Santo André de Xeve e Santa María Xeve.
Cambiarán a LED 1.800 puntos de luz e 35 cadros de mandos que, no seu conxunto, supoñerán un aforro do 70% no consumo actual de toda a iluminación.
O consumo actual da iluminación pública destas tres parroquias ascende a uns 900.000 quilowatts e, tras o cambio, reducirase a uns 280.000.
O Concello adxudicoulles este contrato, que ten un prazo de execución de seis meses, por 1.236.062 euros, segundo informou este luns a portavoz municipal, Anabel Gulías.
Para financiar esta actuación, a administración municipal había logrado unha subvención, concedida polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), organismo adscrito ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, de algo máis dun millón de euros.
Con este proxecto limitarase aínda máis a pegada de carbono da iluminación pública pontevedrés, aumentará a eficiencia enerxética, reducirase a contaminación lumínica e o custo de mantemento será menor.
Relacionadas:
-
A renovación do alumeado en Alba, Cerponzóns e Campañó elevará ao 90% o LED no rural
Por Alejandro Espiño |
-
Renovan a iluminación na avenida de Marín
Por Redacción |
-
Marcón e Mourente cambiarán a LED máis de dous mil puntos de luz
Por Alejandro Espiño |
-
Unha axuda estatal permitirá renovar a iluminación pública en Verducido e os dous 'Xeves'
Por Alejandro Espiño |