Preparar a volta ao cole no comercio pontevedrés volve ter premio
Por Redacción
Aqueles clientes que confíen no comercio do casco histórico de Pontevedra para preparar a volta ao colexio terán premio este ano da man da asociación de comerciantes CCU Zona Monumental.
A entidade puxo en marcha a campaña 'A volta ao cole 2021 ten premio na Zona Monumental', que chega despois do éxito da primeira edición en 2020.
Como parte desta campaña, entre o 1 e o 15 de setembro de 2021 toda a clientela dos comercios asociados a Zona Monumental premiarán a súa fidelidade. Por cada compra, os clientes recibirán unhas papeletas para entrar no sorteo de 10 IPAD de 32 GB de 10,2 pulgadas. Só é válido un premio por persoa.
O sorteo realizarase o día 17 de setembro ás 13.00 horas na sede da entidade na rúa Serra. As bases poden consultarse na páxina web da asociación: www.ccuzonamonumental.es.
Esta campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.
Relacionadas:
-
Desvelados os gañadores da campaña 'A volta ao cole ten premio na Zona Monumental'
Por Redacción |
-
Continúa a campaña de "Volta ao Cole" nos establecementos da Zona Monumental
Por Redacción |
-
Pontevedra pregunta á Xunta quen asume a limpeza e desinfección dos colexios durante este curso
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña 'Volta ao cole' promocionará os comercios de proximidade con vales de 60 euros
Por María José Pita |