Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vencelladas ás Salinas do Ulló
Por Redacción
95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.
A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.
César Poza, alcalde de Vilaboa, agradece o apoio do tecido social de Vilaboa a esta proposta, que se manifestou a través dos colexios de Riomaior e O Toural, a confraría de pescadores de Vilaboa, a Asociación pro Salinas, a comunidade de montes e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Relacionadas:
-
Vilaboa presentará o día 21 os resultados do estudo de realidade aumentada das Salinas do Ulló
Por Redacción |
-
Vilaboa explota o interese turístico das Salinas do Ulló con visitas guiada en agosto
Por Redacción |
-
Vilaboa proponlle a Costas un paseo litoral entre as Salinas e o Forno da Cal
Por Redacción |