Novo aparcadoiro en Caldas para cinco autocaravanas
Por Redacción
O sábado 4 de setembro é a data escollida polo Concello de Caldas para estrear o novo aparcamento para autocaravanas.
Trátase dunha zona de estacionamento específica, que dará acubillo a cinco vehículos destas características. Atópase situada ao final da rúa Sarnadela, nunha contorna urbana e próxima a restaurantes, supermercados e outros servizos. Ademais trátase dunha zona con fácil conexión co paseo fluvial do Umia e a Vía Verde do Salnés.
Esta nova instalación contará con servizos básicos como son unha zona de baleirado de augas grises e un punto de recarga de auga. Segundo o goberno local, atendéronse as recomendacións ofrecidas pola Asociación La Peka, plataforma estatal de Karavaning, que defende este modelo de viaxeiros.
Juan Manuel Rey, alcalde da vila, considera que se trata dunha superficie que supoñerá un impulso para o conxunto da economía local e lembra que se trata dun turismo sostible cun perfil de usuario que, ademais, se move durante todo o ano.
Relacionadas:
-
Naturgy cede dúas parcelas en Caldas ao Concello para aparcamento
Por Redacción |
-
Caldas inaugura a súa nova área de estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
Bandeirolas conmemorativas do dobre Ano Santo ondean en Caldas
Por Redacción |
-
Os residentes en Caldas acaparan as visitas guiadas e os turistas os aloxamentos
Por Redacción |