Sanxenxo pecha agosto cunha ocupación do 87%, vinte puntos máis que no 2020
Por Redacción
Sanxenxo pechou o mes de agosto cunha ocupación hostaleira media do 87%, vinte puntos por encima da afluencia de visitantes rexistrada en 2020, segundo os datos recollidos polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo
Esta cifra queda ademais moi preto do record alcanzado en agosto de 2019, cando os hoteis e hostais do municipio galego lograron ocupar o 90% das súas prazas.
Apartamentos e hoteis, cunha ocupación media do 94% e 88%, foron os establecementos que mellor rendemento lograron, seguidos de pensións e cámpings.
O presidente do CETS, Alfonso Martínez, sinalou que estes datos confirman a "boa marcha" na tendencia de Sanxenxo a recuperar o nivel de visitantes alcanzado antes da pandemia e demostran a "fidelidade" do turista nacional que acode á vila no verán.
"Isto é froito o traballo constante dun sector que tivo que traballar nunhas circunstancias moi complexas", destacou Martínez, especialmente ante os continuos cambios nas restricións e aforos derivados da alta incidencia da covid-19.
Os hostaleiros de Sanxenxo confían que estes resultados "se manteñan en setembro" se as condicións meteorolóxicas son favorables.
De cara o futuro, o presidente da patronal hostaleira do municipio reclamou que todas as administracións públicas apoien ao sector con medidas "coordinadas e consensuadas" con eles ante a "incerteza" que se lles presenta no último trimestre do ano.
Relacionadas:
-
Sanxenxo 'saca peito' do que foi o terceiro mellor verán da súa historia
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan un 27%, respecto a 2020, as visitas á cidade durante as primeiras semanas de agosto
Por Redacción |
-
Marín rexistrou un 80% de novos visitantes
Por Redacción |
-
Crecen en máis de 45% as visitas ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo con respecto ao ano anterior
Por Redacción |