Proposta do PP para que as rúas de Pontevedra leven o nome de ex alcaldes da democracia
Por Redacción
Tras o recente falecemento de Francisco Javier Cobián, quen foi alcalde de Pontevedra entre 1991 e 1995, o Partido Popular local propón que nas rúas da cidade se inclúa o nome dos ex alcaldes da capital, porque son persoas "que se han esforzado de forma muy importante y contribuido a construir la Pontevedra que tenemos hoy", sinala o portavoz local Rafa Domínguez.
Por este motivo, no pleno municipal de setembro, o PP presentará unha moción para que esta proposta sexa efectiva e, así "reconocer el trabajo de todas aquellas personas que hayan sido alcaldes de Pontevedra durante la democracia", indica nunha nota o grupo municipal.
"Es un acto de justicia y absolutamente necesario", engade Domínguez, quen considera que "todos aquellos que han sido los máximos representantes de nuestra ciudad durante la democracia, todos aquellos que han prestado sus servicios a nuestra ciudad, todos aquellos que han sacrificado una parte muy importante de su vida personal o de su vida laboral, merecen el máximo reconocimiento por parte de todos los pontevedreses".
Para o presidente do PP local é "de bien nacidos es ser agradecidos", e por iso insiste en que "todos los pontevedreses les debemos un homenaje". Lembra que os nomes das rúas din moito sobre a historia e cultura dunha cidade, moitas delas teñen carácter conmemorativo e por ese motivo é razoable que tamén se inclúa aquí o nome dos tres ex alcaldes.
"Es una petición razonable, que debería haberse hecho hace tiempo, pero que en cualquier caso estoy convencido de que será apoyada de forma unánime por toda la corporación. Se trata de dignificar y agradecer el esfuerzo de personas que han trabajado tanto por nuestra ciudad".
TRES EX ALCADES
Desde o Partido Popular non se avanza en que orde se nomearían as rúas, se cronolóxico ou dando prioridade aos ex alcaldes falecidos. Neste sentido, só hai que apuntar o recente pasamento de Francisco Javier Cobián. Os outros dous ex alcaldes da democracia serían José Rivas Fontán e Juan Luis Pedrosa.
Desde as primeiras eleccións municipais da democracia, en 1979, en Pontevedra contabilízanse catro rexedores: José Rivas Fontán, que presidiu a corporación municipal entre 1979 e 1991; Francisco Javier Cobián Salgado, de 1991 ata 1995; Juan Luis Pedrosa, desde 1995 ata 1999; e o actual alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que cumpre 22 anos no goberno local.