Propoñen como festivos locais en Marín os días das virxes do Carme e do Porto
Por Redacción
A comisión de Cultura do Concello de Marín tratou este xoves a definición dos días festivos a nivel local para o 2022.
A proposta recolle as dúas datas que tradicionalmente son festividade: o 16 de xullo, día da Virxe do Carme, e o 8 de setembro, día da Virxe do Porto, patroa da vila.
Agora, terá que aprobarse de xeito definitivo este calendario no pleno da corporación, que se celebrará o próximo xoves.