Baixa a 478 o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este venres 3 de setembro 478 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 26 casos menos que onte xoves mentres que se confirmaron 15 novos contaxios por probas diagnósticas de infección activa.
Baixa tamén o número de pacientes hospitalizados, son 9 as persoas atendidas na área sanitaria. Delas 6 están no Hospital Montecelo, 1 no Quirón Saúde Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés. Catro deles están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
O resto das persoas que contraeron o virus, 465 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía leve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 20.528 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 40 persoas.
Non se produciron falecementos durante as últimas horas nesta zona sanitaria, de maneira que continúan sendo 201 os pacientes falecidos desde que se notifican as mortes con motivo da pandemia.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 237 o que eleva o total na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ás 296.270. A estas probas súmanse as 130.472 probas de antígenos e outras 107.040 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
Tamén é positiva a evolución do coronavirus en Galicia, que este venres rexistra 235 casos novos que son menos da metade que os 559 do venres pasado, un descenso do 58%. A semana acumula un descenso do 40,5% se se compara cos datos da anterior. Os casos activos seguen descendendo e hoxe destaca que hai 6 pacientes menos na UCI.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.163 deles 1.762 son da área da Coruña, 1.408 da de Lugo, 654 da de Ourense, 478 da de Pontevedra, 1.126 da área de Vigo, 1.283 da de Santiago e 452 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 154 en unidades de hospitalización e 6.962 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 169.685 persoas curadas, rexistrándose 2.577 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.756.631. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.130.175.