A área sanitaria mantén a tendencia: menos casos activos por covid-19 e máis hospitalizados
Por Alejandro Espiño
Ata os 358 casos activos, trece menos que onte, reduciuse a incidencia da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo o balance diario do Servizo Galego de Saúde. Foi tras unha xornada na que se rexistraron 14 novos contaxios.
Pero, do mesmo xeito que ocorreu nos últimos días, os hospitalizados seguen crecendo aos poucos. Os pacientes ingresados con coronavirus nos tres hospitais da área sanitaria son 15, un máis dos que os datos oficiais incluían onte domingo.
A maioría deles (7) están ingresados na planta de hospitalización de Montecelo. Hai dous no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Os outros cinco hospitalizados, en estado máis grave, atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. É un máis dos que había onte.
O resto dos que contraeron o virus, outras 343 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 20.692 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 27 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 202 falecementos asociados ao virus. O último, unha muller de 89 anos que estaba ingresada en Montecelo.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 297.943, 529 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 131.563 probas de antíxenos e outras 107.306 probas de detección realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.848, 768 menos que o día anterior. Deles, 1.457 son da área da Coruña, 1.221 da de Lugo, 586 da de Ourense, 358 da de Pontevedra, 858 da de Vigo, 1.047 da de Santiago e 321 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 5.647 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 171.709 persoas curadas, rexistrándose 2.584 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.768.397 probas PCR, 3.618 nas últimas 24 horas, que xunto co resto de probas diagnósticas permitiron detectar 195 novos infectados.
Relacionadas:
-
Trece hospitalizados por covid-19 nunha área sanitaria que ten 316 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Caen a 327 os casos activos por covid-19 pero aumentan de novo os hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Asistencia mínima ao cribado en Sanxenxo: só acudiron 604 persoas, o 17% das citadas
Por Redacción |
-
Sanidade confirma unha nova morte pola pandemia, a 202 na área sanitaria, unha muller de 89 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Aumentan a 14 os hospitalizados, catro na UCI, nunha área sanitaria que mantén 371 casos activos
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |