Comezan as obras do viveiro de empresas no polígono de Racelo
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, supervisou o inicio das obras de construción do viveiro de empresas que o Concello impulsa no polígono industrial de Racelo.
Estes traballos contan cun orzamento de preto de 300.000 euros, dos cales a Xunta de Galicia achega o 80% e o 20% restante afrontarase con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Segundo informan desde o Concello da Lama, o propio alcalde realizaba as xestións para conseguir unha subvención por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación dos 240.000 euros financiados pola Xunta e que facilitarán a construción desta infraestrutura especialmente destinada a impulsar o nacemento de proxectos empresariais no municipio.
A intención do equipo de goberno é que o edificio estea en funcionamento canto antes para dar servizo aos proxectos empresariais e emprendedores que creen emprego no municipio da Lama.
Esta iniciativa permitirá, pola vía do alugueiro, que un emprendedor teña un lugar axeitado sen ter que facer un grande investimento inicial para arrancar a súa actividade económica e poder despregar o volume de negocio que lle permita garantir un futuro estable para o seu proxecto e os traballadores que se incorporen a esa actividade.
Sobre este proxecto, o alcalde Jorge Canda afirma que "este investimento vai supor un paso importante dentro da política de emprego e de industrialización do concello sobre todo nestes momentos tan difíciles que se nos aveciñan despois da covid-19. Pretendemos contar cunha infraestrutura como esta ao servizo dos emprendedores do noso municipio coa intención de que enraícen os seus proxectos aquí ao tempo que favorezan a creación de emprego na Lama".
Relacionadas:
-
A Lama destina 46.000 euros ao pavimentado dos camiños de Racelo e Sucastro
Por Redacción |
-
280.000 euros da Xunta para mellorar o acceso ao Polígono Industrial de Racelo e crear un viveiro empresarial
Por Redacción |
-
A Lama terá un viveiro de empresas
Por Redacción |
-
O parque empresarial de Racelo xa ten beirarrúas en todo o polígono
Por Redacción |
-
O polígono industrial de Racelo medra coa instalación dunha fábrica de cervexa artesanal
Por Redacción |