Cae unha árbore da Alameda que xa estaba podrecida e pendente de ser cortada
Por Redacción
A Alameda perdeu unha nova árbore. Xa estaba podrecida e o Concello tiña previsto cortala, pero antes de que chegase ese momento, o exemplar non aguantou máis e esborrallou.
Trátase dun carballo de grandes dimensións que estaba situado xunto ao palco da música e, afortunadamente, a súa caída non provocou danos persoais nin materiais.
O suceso, que se rexistrou na tarde de onte domingo, obrigou a intervir aos Bombeiros.
Por mor deste episodio, o PP lamentou o atraso na poda destas árbores "sabendo que hai exemplares afectados" que xeran "situacións de perigo".
Ademais, Rafa Domínguez asegurou que o plan de mellora paisaxística anunciada polo Concello "non tivo efecto ningún" e a Alameda segue sendo un espazo "inseguro e moi mal iluminado", onde tamén as obras artísticas están un estado "lamentable".
"Se os socialistas pretendían devolver a este espazo unha imaxe maxestosa, habería que dicirlles que están a facer o contrario", engadiu o dirixente popular.