Sercoysa presenta un ERE para a práctica totalidade do seu plantel
Por Diego Espiño
Sercoysa presentou un ERE de suspensión para a práctica totalidade do seu plantel e o da canteira Faro, propiedade da construtora.
Serán aproximadamente 80 traballadores ao non se ver afectados a divivión de conservación de estradas, que depende dun contrato directo coa Xunta de Galicia. Tamén quedan excluídos catro responsables da empresa.
As condicións formuladas, que pasarán agora por un período de 15 días de negociación, consideran a suspensión laboral por un máximo de 180 días repartidos en dous anos.
A empresa esgrime causas técnicas e de administración para acudir ao ERE, non económicas, porque como recoñece a responsable de construción de UGT en Pontevedra, Lourdes Diz, Sercoysa segue tendo obras pendentes, "se trata de una de las pocas constructoras que siguen trabajando pero la bajada es importante. La verdad es esperábamos de un momento a otro esta decisión".