A Uvigo compite nun reto global por lograr unha mobilidade sostible
Por Redacción
A Universidad de Vigo participa, xunta con diversas universidades españolas, no Urban Mobility Challenge, unha iniciativa dirixida a fomentar unha mobilidade sostible. Ao longo dun mes todos os integrantes de comunidade universitaria poderán rexistrar na aplicación da empresa promotora, Ciclogreen, os desprazamentos que realice aos campus a pé, en bicicleta, en patinete, en transporte público ou en coche compartido, distancias que se irán acumulando ao perfil da UVigo no ránking de universidades deste reto no que, como salienta a empresa, diferentes empresas e institucións compiten por ser as máis sostibles.
Por iniciativa da Vicerreitoría do campus de Pontevedra, no marco do programa Green Campus, e coa colaboración da Área de Benestar, Saúde e Deporte, a UVigo participará por primeira vez nesta competición, aberta ao conxunto da comunidade universitaria, que á súa vez poderá optar ao sorteo de diferentes agasallos por parte da empresa promotora.
"O noso obxectivo é concienciar de que é bo adoptar iniciativas que favorezan unha mobilidade sostible", salienta o director do Campus Crea e Green Campus, Carlos Souto. Esta iniciativa súmase á participación, o pasado mes de abril, da institución académica no reto 30 días en bici. O director do Green Campus incide en que, ademais de fomentar os desprazamentos a pé ou en bicicleta nos campus de Pontevedra ou Ourense, "no caso de Vigo podería ser moi interesante fomentar o uso do transporte público ou do vehículo compartido".
Enmarcado na Semana Europea da Mobilidade, o Urban Mobility Challenge desenvolverase entre o 16 de setembro e o 16 de outubro e os integrantes da comunidade universitaria poderán participar descargando aplicación de Ciclogreen, na que poderán inscribirse seleccionando á Universidade de Vigo no apartado de organizacións e empregando o código uvigowin.
A partires de aí, poderán ir rexistrando na app os seus desprazamentos sostibles, polos que irán acumulando “ciclos”, puntos cos que, unha vez alcanzados os quilómetros fixados como reto pola organización, poderán participar no sorteo de diferentes agasallos. Os quilómetros percorridos sumaranse á súa vez ao perfil da UVigo no ránking que poderá consultarse na web do reto.
Relacionadas:
-
O campus pon en marcha un servizo de préstamo de bicicletas
Por Redacción |
-
As 74 medidas que farán de Pontevedra un campus máis verde
Por Redacción |
-
Unha ciclista de 16 anos sofre feridas ao ser atropelada na avenida de Compostela
Por Redacción |
-
As bicicletas son para o verán e para o campus
Por Redacción |
-
Un parque de calistenia, un paso máis na humanización do campus
Por Redacción |
-
Unha horta ecolóxica e a instalación dunha rede de biomasa, proxectos estrela do Green Campus pontevedrés
Por Redacción |
-
O campus estreará en setembro un pantalán e novo mobiliario
Por Oskar Viéitez |