Nova compensación para Caldas, Cuntis e Moraña pola explotación do encoro do Umia
Por Redacción
O Consello da Xunta autorizou este jueves a renovación do convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e os concellos de Caldas, de Cuntis e de Moraña, polo que Augas de Galicia destinará preto de 400.000 euros do canon de explotación do encoro do Umia ao financiamento de actuacións educativas e sociais nestes tres municipios.
Os concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña benefícianse cada ano da achega económica á que está obrigada a empresa concesionaria da explotación hidroeléctrica da presa de Caldas de Reis. No convenio tamén participa como entidade colaboradora a Deputación Provincial de Pontevedra, que asume o labor de administrar estes fondos autonómicos entre os tres concellos e de velar pola súa correcta aplicación.
A cantidade achegada por Augas de Galicia é de algo máis de 130.000 euros para cada un destes municipios, que poderán financiar con cargo a estes fondos actividades educativas e sociais que se organicen desde o día 1 de xaneiro de 2021 e ata o 31 de decembro deste mesmo ano.
Desde o ano 2002, a Xunta de Galicia asignou de 6,6 millóns de euros en concepto de canon de explotación do encoro de Caldas de Reis a estes municipios, que serviron para financiar actividades educativas, culturais e de asistencia social dos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña.
Mediante este convenio, a Xunta incentiva axudas á xestión municipal e impulsa a colaboración entre administracións.
Relacionadas:
-
O BNG acusa á Xunta de "agochar" a contaminación do Umia, " incumprindo os seus propios protocolos"
Por Redacción |
-
A Xunta destina os 400.000 euros do canon do encoro do Umia a financiar actividades sociais en Caldas, Cuntis e Moraña
Por Redacción |
-
A ampliación do centro de saúde, na 'carteira' de investimentos da Xunta en Moraña
Por Redacción |