Novos obradoiros de emprego na comarca do Salnés
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado do alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, anunciou este venres no Pazo de Vista Real que a Consellería de Emprego concederá novos obradoiros de emprego nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Grove e Caldas de Reis e na Mancomunidade do Salnés.
Durante a visita ao Pazo, o representante autonómico destacou a importancia do emprego que, "xunto coa sanidade e a educación, son os tres grandes eixos da acción de goberno da Xunta e por iso, agora que afrontamos a fase final da pandemia e que se percibe unha boa reactivación, imos investir máis de 6,6 millóns de euros en vinte novos obradoiros na provincia de Pontevedra cun forte peso da comarca do Salnés".
Os obradoiros de emprego duais aprobados na nova convocatoria son Forme 2021 para Vilagarcía de Arousa. Neste caso se centrará no Servizo de Axuda no Fogar e na Montaxe e Mantemento de Redes Eléctricas e Sistemas Domóticos; Vista Real VII para Vilanova de Arousa, que disporá dos módulos de Xardinaría e Xestión de Redes, e A Lanzada IV no Grove, orientado á atención social aos colectivos desfavorecidos e á investigación gastronómica de produtos do mar.
Pola súa banda, Os Camiños do Camiño II en Caldas de Reis seguirá coa recuperación paisaxística da antiga fervenza e da central eléctrica de Segade, e Hostalería do Salnés XIII para a Mancomunidade do Salnés proseguirá coa formación de profesionais de cociña e sala para o sector hostaleiro. Cada unha destas accións formativas contará cun orzamento de 347.000 euros.
Esta nova quenda de obradoiros iniciarase co proceso de selección para iniciar as actividades no mes de outubro e contará cun cento de participantes a razón de vinte alumnos-traballadores en cada un deles.
A formación será específica durante nove meses e realizarán traballos e servizos de interese xeral e público a prol da sociedade incluídos en cada proxecto por parte dos concellos promotores, e ademais poderán optar a prácticas en empresas da contorna ao remate do obradoiro.
Durante a visita ao Pazo de Vista Real, Luís López aproveitou para supervisar as actividades formativas do taller de emprego dual Vista Real VI, que está a piques de terminar, e da iniciativa laboral de garantía xuvenil Mar de Santiago, que se iniciou hai unhas semanas.
O orzamento global para esta serie de actividades será de máis de 1,7 millóns de euros, segundo informaron dende a Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Inauguran o obradoiro de emprego que restaurará a contorna da central hidroeléctrica de Segade en Caldas
Por Redacción |
-
O Obradoiro de Hostalería do Salnés arela repetir o 100% de inserción laboral
Por Redacción |
-
A recuperación da contorna de Segade centrará as prácticas dun novo obradoiro de emprego
Por Redacción |
-
Peche dos obradoiros de emprego en Vilagarcía á vez que se abre unha nova convocatoria
Por Redacción |
-
O Obradoiro de Hostalería do Salnés rexistra unha media de 5 ofertas de traballo por cada alumno
Por Redacción |
-
A Xunta concede un obradoiro de emprego dual a Cerdedo-Cotobade e A Lama
Por Redacción |
-
Caldas consegue unha nova entrega do obradoiro de emprego para o sector forestal e da cantería
Por Redacción |
-
Vilagarcía suspende de forma preventiva os obradoiros de emprego tras detectarse un positivo en covid
Por Redacción |
-
Caldas inaugura o seu obradoiro de emprego dual centrado no Camiño Portugués
Por Redacción |
-
A Consellería de Emprego ten en marcha dez programas formativos na comarca do Salnés
Por Redacción |