Xulgan a cinco persoas por causar accidentes para estafar a aseguradoras
Por Redacción
Cinco persoas de nacionalidade marroquí serán xulgadas o vindeiro martes 14 de setembro en Pontevedra acusadas de causar accidentes de tráfico de maneira intencionada co obxectivo de estafar ás compañías aseguradoras.
O xuízo celebrarase na sección segunda da Audiencia de Pontevedra e a Fiscalía solicita catro anos de cárcere para os acusados por estafa, danos intencionados e lesións.
No seu escrito de acusación, o fiscal relata que estas cinco persoas causaron, entre decembro de 2013 e xuño de 2015, polo menos cinco accidentes de tráfico.
Nalgúns destes accidentes eles mesmos eran os condutores dos coches sinistrados, mentres que noutros figuraban no atestado como ocupantes do vehículo ou como propietarios e tomadores dos seguros.
En todos eles foron indemnizados polos accidentes, causados en vías urbanas, a escasa velocidade e en interseccións reguladas por sinais de stop ou ceda o paso, chocando deliberadamente, segundo apunta o representante público, contra terceiras persoas.
A banda apropiouse duns 51.000 euros
Os accidentes rexistráronse nos municipios pontevedreses de Cambados, O Grove, Marín, Vigo e Pontevedra e, na suma de todos eles, a banda apropiouse duns 51.000 euros, que o fiscal esixe que devolvan ás aseguradoras.
Ademais da pena de cárcere e da devolución deste diñeiro ás compañías estafadas, a Fiscalía reclama indemnizacións para as persoas contra as que chocaron á mantenta polos danos nos seus coches e que paguen multas por valor de 5.400 euros.
Relacionadas:
-
"Vin un coche lonxe nun cruzamento, acelerou e foi a por min directo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tres persoas investigadas por estafar o seguro por un accidente en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Cinco acusados de confabular para finxir danos de accidentes de tráfico rexeitan declarar ante o xuíz
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Xuízo contra unha trama que finxía accidentes de tráfico para cobrar do seguro
Por Natalia Puga |
-
Suspenden o macroxuízo por unha trama de estafas a aseguradoras ao estar dous acusados en México
Por Natalia Puga |
-
A ausencia de tres testemuñas obriga a suspender o xuízo contra unha familia acusada de estafar a seguros
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Cinco persoas a xuízo por finxir accidentes de tráfico para cobrar do seguro
Por Natalia Puga |