A Deputación financia en Bueu a pavimentación e saneamento do Camiño Vello-A Graña
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar un novo investimento do Plan Concellos destinado a Bueu, unha partida de 115.000 euros enmarcada na a liña 1 de Investimentos coa que o concello do Morrazo poderá financiar o proxecto de pavimentación, saneamento e abastecemento do Camiño Vello-A Graña.
Con este proxecto, que ten un prazo de execución de catro meses, pavimentaranse 3.607 metros cadrados do camiño, que soporta un uso intenso o que fai que sexa preciso mellorar as condicións de adherencia entre a superficie da calzada e os pneumáticos dos vehículos, así como a súa regularidade co fin de aumentar a eficiencia, seguridade e comodidade das persoas que usan este viario.
Tamén se actuará en 680 metros de canalización de abastecemento para mellorar este servizo, ao igual que o de saneamento.