Frea o ritmo de saída da quinta onda
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde notifica este domingo 248 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Son 21 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas.
O número de pacientes hospitalizados é de 3 persoas atendidas no Hospital Montecelo. Outros catro están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, un menos que onte.
O resto dos que contraeron o virus, 241 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 20.886 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 23 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 202 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 299.545, nas últimas 24 horas fixéronse 298.
A estas probas súmanse as 133.942 probas de antígenos e outras 107.538 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.754 deles 1.005 son da área da Coruña, 727 da de Lugo, 391 da de Ourense, 248 da de Pontevedra, 575 da área de Vigo, 640 da de Santiago e 168 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 40 están en UCI, 109 en unidades de hospitalización e 3.605 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 174.727 persoas curadas, rexistrándose 2.604 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.788.598.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.230.385.