Dúas persoas resultan feridas ao colidir o vehículo no que circulaban contra un portal
Por Redacción
Unha saída de vía dun turismo contra un portal saldouse con dúas persoas feridas que necesitaron ser trasladadas, en Vilanova de Arousa.
O 112 Galicia foi coñecedor do accidente, ás catro e media da madrugada, cando os propios implicados chamaron para solicitar axuda ao non poder saír do vehículo. Segundo indicaban, o sinistro tivo lugar antes da ponte que une a localidade coa Illa da Arousa.
Así, desde o CIAE-112 Galicia foron informados os Bombeiros do parque de Vilagarcía, o persoal sanitario, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
Xa desde o lugar do accidente, os Bombeiros indicáronlle ao 112 que non foi necesario liberar a ninguén no turismo pero que si colaboraron cos servizos médicos na evacuación dos dous feridos ás ambulancias, nas que foron trasladados ao Hospital do Salnés.
Relacionadas:
-
Faise pasar polo seu irmán ante a Garda Civil cando conducía bébedo e para ocultar que carecía de carné
Por Oskar Viéitez |
-
Morre un mozo en Vilanova atrapado debaixo do coche que estaba a arranxar
Por Redacción |
-
Un condutor foxe despois de provocar un accidente con dúas persoas feridas
Por Redacción |