A Conta Xeral de Ponte Caldelas poderá consultarse ata fin de mes
Por Redacción
A Conta Xeral de 2020 do Concello de Ponte Caldelas está exposta ao público no Salón de Plenos ata finais deste mes de setembro.
Todas as persoas que o desexen poderán consultar os ingresos e gastos correspondentes ao ano 2020 efectuados polo Concello.
A Conta Xeral é un documento que contabiliza o patrimonio, as inversións e todos os ingresos e gastos que houbo no municipio durante un ano.
A exposición ao público realízase en arquivadores clasificados por meses e que conteñen a documentación económica do Concello.
O feito de que estea a disposición dos cidadáns que queiran consultala amosa a "seriedade, responsabilidade e transparencia coa que se xestiona este Concello", indica o alcalde Andrés Díaz e engade que "cando cheguei á Alcaldía aos veciños non se lle rendían contas, agora saben en que se gastan os seus impostos".