Seguen a caer os contaxios na área sanitaria
Por Redacción
O Servizo Galego de Saúde notifica este martes 14 de setembro 214 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 10 menos que onte.
Na capital da provincia o número de casos é de 67.
Son 6 novos casos confirmados por probas diagnósticas de infección activa nas últimas 24 horas.
O número de pacientes hospitalizados é de 4 persoas, delas tres están atendidas no Hospital Montecelo e unha no do Salnés. Outros catro están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
O resto dos que contraeron o virus, 206 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 20.913 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 26 persoas.
Durante a pandemia rexistráronse 202 falecementos asociados ao virus nesta área sanitaria.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 299.756, nas últimas 24 horas fixéronse 137. A estas probas súmanse as 134.726 probas de antígenos e outras 107.554 probas de detección realizadas ata a data.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.249 deles 879 son da área da Coruña, 629 da de Lugo, 351 da de Ourense, 214 da de Pontevedra, 480 da área de Vigo, 560 da de Santiago e 136 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 37 están en UCI, 112 en unidades de hospitalización e 3.100 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 175.392 persoas curadas, rexistrándose 2.608 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.793.773.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.260.096.