A vida é movernos centra a súa programación na saúde emocional cun taller de bodyfulness
Por Redacción
Acadar unha aproximación somática ao movemento para mellorar a saúde integral, percibir a posibilidade de moverse desde a atención plena e a liberdade, experimentar as distintas formas de relacionarnos e expresarnos no mundo en movemento e adquirir algunha experiencia persoal significativa que promocione o movemento como elemento de saúde na vida diaria, son algúns dos principais obxectivos do novidoso taller de Bodyfulness que organiza a Concellería de Deportes no marco do proxecto A Vida é Movernos.
Trátase dunha actividade de balde que se desenvolverá en dous obradoiros dunha hora e media de duración, os días 25 de setembro e 9 de outubro, e serán impartidos pola experta Lía Brea, terapeuta en Danza Movemento Terapia (DMT) pola Universidade Autónoma de Barcelona e licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Os obradoiros celebraranse se o tempo o permite na contorna natural da Illa das Esculturas en horario de 11 a 12.30 horas e están pensados para un máximo de 12 participantes maiores de 16 anos, sendo necesario inscribirse previamente.
O concelleiro de Deportes, Actividade Física e Saúde, Tino Fernández, considera que “esta actividade encaixa á perfección dentro dos obxectivos do programa A Vida é Movernos, co que buscamos dar resposta ao incremento da sensación de illamento e do estrés na poboación que se ten producido neste período pandémico”. O edil asegurou que entre os propósitos destas sesións de bodyfulness inclúense os de “gozar do movemento dun xeito novidoso e saudable, proporcionar sensacións de relaxación e de liberación da respiración e de tensións; exercitar a capacidade de atención e estimular a creatividade".
As inscripcións poden realizarse a través do correo electrónico lia.breafolgar@gmail.com
Relacionadas:
-
Domingo 28, día de 'Andaina Violeta contra a violencia machista'
Por Redacción |
-
A Alameda acollerá obradoiros de Percuterapia
Por Redacción |
-
O pavillón do CEIP A Xunqueira II réndese ao Bodyfulness
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Adiado ao 16 de setembro os obradoiros de iniciación ao 'breaking'
Por Redacción |
-
O programa municipal A Vida é Movernos retoma a súa actividade con obradoiros de iniciación ao 'breaking'
Por Redacción |
-
Risoterapia para recuperar a mente na Illa das Esculturas
Por Redacción |
-
'A Vida é Movernos' promove a práctica do exercicio físico nas rúas e prazas
Por Mónica Patxot & María José Pita |