Os traballadores autonómicos mobilízanse contra a decisión da Xunta de manter o recorte das pagas extras
Por Oskar Viéitez
Vintecatro horas antes da celebración do Consello da Xunta no que se aprobarán os Orzamentos para o ano 2014, os funcionarios autonómicos fixeron unha concentración ás portas da delegación territorial en Campolongo. O motivo é que os case 88.000 empregados da Administración autonómica cobrarán durante o exercicio próximo o mesmo que no actual, isto é, un 4 % menos do que en situación normal lles correspondería.
Este axuste a través do complemento específico, permite a Facenda introducir un criterio de progresividade polo que penaliza os traballadores en función da categoría laboral que teñen recoñecida. Así, o recorte das extras é maior entre os empregados con nóminas más altas, onde o recorte chega ao 6 % da súa retribución anual.
"Que non nos dea as grazas o Presidente da Xunta, nos queremos o que nos corresponde por dereito", dixo Isabel Martínez Epifanio, voceira de CIG.
Este xoves o 25% dos traballadores da Xunta en Pontevedra saíron á rúa na primeira de toda unha unha serie de mobilizacións que os sindicatos teñen convocadas a partires de agora "así o temos decidido, tampouco podemos estar aquí todos e paralizar o traballo da administracións porque os perxudicados serían os cidadáns", xustificou.
Ademáis da reclamación das pagas reivindicouse a reposición das prazas de aqueles funcionarios que foron baixa na administración "non se cubren as vacantes, seguen a amortizarse os postos de traballo e, dacordo co avanzado polo Executivo, só se cubrirán un 10% de efectivos nos servicios esenciais: saúde, educación e forzas de seguridade", indicou Martínez Epifanio.
A diferenza dos empregados de Xustiza os traballadores autonómicas evitan falar de folga, polo momento, "no caso de que persistan estes recortes tan contundentes, inxustificados e inxustos decidiríamos qué facer", dixo María José Fuentes de Comisións Obreiras.