Esta fin de semana empeza a vendima 2021, que prevé unha colleita de uva superior ao pasado ano
Por Oskar Viéitez
Recentemente, Adegas Martín Códax comezaba unha recollida selectiva das primeiras partidas de uva destinadas a "pé de cuba" e á elaboración de viños espumosos, aínda que o comezo do groso da vendima está previsto a partir desta fin de semana, que virá marcado polo cesamento das choivas previstas para estes días.
Durante as tres semanas que durará a vendima todo indica que as previsións meteorolóxicas serán favorables, o cal permitirá facer unha recollida pausada e moi selectiva que podería estenderse ata a primeira semana de outubro, dando tempo así a que toda a uva alcance o seu nivel óptimo de maduración.
En palabras de Miguel Tubío, Director Técnico de Adegas Martín Códax, "como viña sendo habitual outros anos e tal e como aconteceu no 2019 ou mesmo nos anos 90 e aos inicios da Denominación de Origen este ano a vendima comenza na segunda quincena de setembro, marcada polas condicións climatóloxicas e as temperaturas frescas que temos experimentado este verán tan típico da zona na que nos atopamos". Ademais, engade que se prevé "unha colleita boa, superior a do ano pasado, tanto en calidade como en cantidade".
A fin de garantir a saúde de todos os viticultores e traballadores e asegurar unha vendima segura, a cooperativa pon un ano máis especial énfase en todos os procesos de adega e viñedo, seguindo un protocolo COVID específico xa instaurado con éxito na vendima de 2020.
Ademais dos controis propios esixidos polas autoridades sanitarias para este tipo de actividades, para minimizar ao máximo o risco de contaxio Adegas Martín Códax volverá utilizar o seu propio sistema baseado na creación de grupos burbulla.
Así, tanto viticultores como traballadores serán identificados por cores funcionando como unidades independentes de produción, cuxo responsable se ocupará de controlar ao seu equipo e confirmarse de que se cumpran as medidas.
Para estes grupos burbulla establécense normas como a toma de temperatura, saídas e entradas graduadas para non coincidir con outros equipos, lugares e horarios de descanso diferenciados, así como normas para interactuar cos membros da súa propia cor.
Relacionadas:
-
A Estación de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia forma a viticultores e adegueiros
Por Redacción |
-
Rías Baixas chega ao ecuador da vendima con 28 millóns de quilos de uva recollidos
Por Redacción |
-
Rías Baixas estima que se poderían recoller máis de 43 millóns de quilos de uva durante a próxima vendima
Por Oskar Viéitez |