A Xunta defenderá o uso de artes de pesca tradicionais no Parque Nacional Illas Atlánticas
Por Redacción
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo nas tarde do xoves unha reunión con representantes da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra co obxectivo de abordar o contido da Lei de Parques Naturais que está a tramitar o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Hernández salientou que o novo texto ten como obxectivo promover os valores ambientais, sociais e económicos dos parques e convertelos nunha oportunidade nos ámbitos nos que están integrados, como é o caso do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O conselleiro trasladou aos representantes das confrarías pontevedreses que a Xunta e partidaria de facer compatible a protección do parque co explotación sostible dos recursos pesqueiros a través das artes tradicionais da pesca, tal e como se ven facendo ata o de agora. Para o Goberno galego, os usos ambientais, turísticos e de ocio no Parque Nacional deben compatibilizarse coa actividade económica vinculada ao mar.
Neste sentido, sinalou que a Xunta de Galicia defenderá esta postura durante a tramitación da Lei de Parques Nacionais. Hernández xa trasladou a posición da Xunta ao respecto na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente que se celebrou en Madrid a principios deste mes.