Raxó gozará dunha tirada de fogos de lucería polas Festas da Saleta
Por Redacción
Este venres 17, sábado 18 e domingo 19 de setembro celebraranse as Festas da Saleta 2021 na parroquia de Raxó e que incluirán unha tirada de fogos de lucería.
Despois de ter que suspender a celebración da Festa da Saleta 2020 con motivo da pandemia, a Comisión de Festas organizou este ano unhas festas adaptadas ás restricións sanitarias vixentes e co desexo de que "para o ano 2022 podamos recuperar a normalidade e traer grandes orquestras, facer a procesión polo mar, as carreiras de traiñeiras, etc".
As festas comezan este venres ás 20.00 horas cunha animación da "Batucada dos Queimatasas".
O sábado ás 11.00 horas celebrarase a misa na honra da Virxe do Carmé, e ás 12.00 horas haberá animación da "Charanga OT", ás 17.00 horas comeza a festa infantil no porto de Raxó, e ás 20.00 horas actuará a "Charanga Mil 9". A tirada de fogos será ás 23.00 horas.
O domingo ás 9.30 horas celebrarase a alborada a cargo de "Vides Novas" e da "Escola Tradicional de Música", ás 11.00 horas celebrarase a misa na honra da Virxe da Saleta e ás 18:00 horas un concerto da "Escola de Acordeóns de Campelo" no Porto de Raxó.