O concello acondicionará o interior das antigas escolas de Agudelo e Cangrallo
Por Redacción
O Concello de Barro elaborou un proxecto para acondionar o interior das antigas escolas unitarias de Agudelo e Cangrallo.
En anos anteriores xa se realizaron actuacións de mellora como o cambio de cuberta na escola de Cangralo ou a renovación da carpintería exterior en ambas as dúas.
Segundo explican dende o Goberno local, con estes traballos o que se persegue é recuperar estas antigas edificacións conservando a súa arquitectura singular para aproveitalas como centros parroquiais para a actividade social.
Este proxecto conta cun orzamento base de licitación de 24.091 euros será executado pola empresa Manuel Constenla Pérez que presentou a mellor oferta económica.
O prazo de execución será de tres meses e as actuacións de acondicionamento que se realizarán consitirán na renovación dos pavimentos, na mellora e ampliación dos servizos, no pintado interior e, posteriormente, renovarase toda a instalación eléctrica.