O xulgado admite 120 novas demandas por preferentes de NovaGalicia Banco
Por Redacción
A Plataforma Pontevedra-Marín de afectados por participacións preferentes e obrigas subordinadas de Nova Galicia Banco, participou este venres nunha nova retirada de fondos nas oficinas centrais de Nova Galicia Banco na Praza de San José.
Foi ás once da mañá, pero dende unha hora antes este grupo de afectados, arredor de medio centenar protagonizaron varias concentracións ante distintas sucursais na cidade de Pontevedra.
Os voceiros desta Plataforma reiteraron a súa esixencia de solucións ante o "novo engano e a nova estafa" ás que están a ser sometidos os afectados, cunha "publicidade enganosa, onde prometeron propoñer uns acordos xudiciales aos clientes de preferentes con perfil aforrador, presentando unha simple demanda de conciliación nos xulgados, sen taxas, sen avogado e sen procurador".
Aseguran que "unha vez máis non están a cumprir co prometido"
Aseguran que "unha vez máis non están a cumprir co prometido", de modo que os afectados que queiran recuperar os seus aforros vense abocados a presentar unha demanda polo Civil de reclamación de cantidade, con pagamento de taxas, avogado e procurador, "e o que non presente demanda xudicial non vai recuperar nin un céntimo do seu diñeiro", lamentan.
Segundo informaron este venres "a gran maioría" dos afectados pertencentes á Plataforma xa teñen presentado as devanditas demandas dende hai tempo e todos os procesos xudiciais xa se encontran en marcha, apuntan ademais que os xuízos que se celebraron ata a data saíron favorables aos afectados.
Aínda que os avogados "practicamente a diario" son notificados de novas sinalizacións de vistas previas e xuízos, os datos que manexan na Plataforma de Marín Pontevedra a 18 de outubro de 2013, indican que se presentaron 120 demandas e que todas foron admitidas. De todas elas un 40% xa desenvolveron as Vistas previas e celebráronse un 10% dos xuízos.
Un último dato ofrecido por esta Plataforma é que Nova Galicia Banco non fixo ningunha proposta de acordo xudicial.