Os colexios Froebel e Marcos da Portela inician o programa de charlas de seguridade viaria do Concello
Por Redacción
Os centros de ensino de Pontevedra volverán contar este ano co programa de Educación viaria para profundar no correcto uso dos espazos públicos e no papel que teñen os viandantes e os condutores nas vías públicas. A actividade está xestionada pola Concellaría de Seguridade Cidadá que dirixe Eva Vilaverde, e iniciarase en función de como avance a pandemia.
Como en outras ocasións, o programa o impartirá a Policía Local ao mando do oficial José Luís Domínguez Maya e estará pensado para centros de Primaria e Secundaria. O contido estará adaptado a estas idades, afondando nas premisas básicas para peóns, nas normas básicas para condutores de bicicletas e motocicletas e no comportamento nos coches cando se vai de acompañante. Ademáis, como gran novidade, o programa incorporará contidos adaptados da nova Ordenanza de mobilidade amábel relativos a uso da bicicleta, tipos de vías... na que os cativos están máis implicados.
Está previsto que o inicio do programa sexa a vindeira semana coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade que comezou este xoves 16 e abarcará ata o 22 de setembro
En principio as actividades que ten previsto o Concello son cinco charlas no Froebel e no Marcos da Portela. Este luns, 20 de setembro comezan ás 09.00 horas no Froebel onde se impartirán dúas charlas até as 11.00 horas. A Policía Local trasladarase ás 12.40 horas ao Marcos da Portela onde impartirá outras dúas charlas até as 14.00 horas. O martes, 21 de setembro, volverán ao Marcos da Portela a impartir unha última charla dende as 09.00 ás 09.50 horas.
O ritmo desta 'Escola viaria' imporao a pandemia, pero a Concellaría de Seguridade Cidadá quere ofrecer este programa a todos os centros de ensino de Primaria e Secundaria que o soliciten para ir formando aos estudantes no uso correcto dos espazos públicos da cidade. De feito, nas vindeiras semanas presentarán un programa máis ampliado en función da crise sanitaria.
Relacionadas:
-
Última proba para sacar o carné de "bo pontevedrés"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Policía Local visitará os colexios para formar en educación vial aos escolares
Por Redacción |
-
A renovación dos parques infantís dos colexios A Xunqueira I e Marcón ascende a case 70.000 euros
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A rúa Alfonso XIII volverá a ser o patio de recreo do Froebel
Por Alejandro Espiño |
-
'Cambio de sentido', o programa que conciencia nas autoescolas do perigo de alcol, drogas e móbil ao volante
Por Redacción |
-
Os colexios de Poio realizan prácticas de educación viaria
Por Redacción |
-
O Concello oferta máis de 50 actividades de formación para os centros escolares
Por Redacción |
-
Nove escolares de Pontevedra e Poio, premiados no certame Ponte a conducir
Por Redacción |