Ferida unha ciclista no Grove tras precipitarse por un terraplén
Por Redacción
Unha muller resultou ferida este sábado despois de sufrir unha aparatosa caída mentres practicaba ciclismo nunha senda do Grove.
Segundo informa o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a muller precipitouse por un terraplén con ao redor de 6 metros de desnivel nunha zona de difícil acceso, preto de Punta Moreiras.
Foi un dos familiares cos que completaba a ruta a que alertou da situación, pouco antes das 11.00 horas da mañá.
Dado o complicado do lugar mobilizouse un importante dispositivo de emerxencia para poder rescatala, composto por efectivos do 061, Emerxencias do Grove, Emerxencias Sanxenxo, Bombeiros, Policía Local e a Garda Civil.
A muller, informa o 112, foi evacuada en padiola ata a ambulancia, na que posteriormente foi evacuada a un centro hospitalario.