Os niveis da pandemia retroceden aos do mes de xuño, con 140 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este luns 20 de setembro con 140 casos activos de coronavirus, 8 menos que o domingo, segundo informou o Servizo Galego de Saúde.
Cunha tendencia á baixa durante as últimas semanas, as cifras relativas á pandemia retrocederon a niveis do pasado mes de xuño, aínda que cun nivel de contaxio inferior ao de entón. De feito nas últimas 24 horas só se sumaron ás estatísticas 3 novos contaxios na área sanitaria, contrarrestados polas 11 altas epidemiolóxicas dadas.
Do total de afectados 132 evolucionan nos seus domicilios e 8 fano nun centro hospitalario. Entre os ingresados 7 atópanse en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 1 máis na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 21.026 persoas da área sanitaria, rexistrándose 203 falecementos de pacientes con positivo activo.
En canto ás probas de detección, na última xornada o Sergas realizou un total de 113 PCR.
Relacionadas:
-
Balance covid a xoves 23 de setembro: 113 casos activos e dous pacientes na UCI
Por Redacción |
-
Os casos activos de covid seguen en descenso na área sanitaria con 130, nove menos
Por Diego Espiño |
-
Estabilidade nos datos da pandemia, con 139 casos activos e 8 hospitalizados na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
O Sergas notifica un único contaxio por covid na área sanitaria en 24 horas
Por Diego Espiño |
-
Falece no Complexo Hospitalario un home de 82 anos positivo en covid
Por Redacción |
-
A UCI de Montecelo, cun único paciente positivo en covid
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria reduce a 177 os seus casos activos por covid-19 e mantén a sete hospitalizados
Por Alejandro Espiño |