Convocan 28 prazas de oferta pública de emprego no Concello
Por Redacción
Anabel Gulías, portavoz do goberno local, informaba este luns da convocatoria de 28 prazas de emprego público no Concello de Pontevedra. Desta cifra, 20 son de oposición libre mentres que oito correspóndense con promoción interna.
A concelleira indicou que, en próximas datas, realizarase unha nova oferta de emprego público co obxectivo de continuar modernizando con recursos humanos as dependencias municipais.
Establécese unha escala de administración xeral e outra especial. Na xeral ofértase un posto de técnico A1, de oposición libre; seis administrativos, cinco deles de promoción interna; dous auxiliares, un libre e outro de promoción interna; e catro postos de subalternos, todos eles libres, aínda que tres das prazas destínanse a persoas con diversidade funcional.
En canto á escala de administración especial ofrécese un posto de técnico de infraestruturas culturais, libre; dous libres de aparelladores de arquitectura técnica; un de promoción interna para a praza de inspector; un de oficial de policía de mobilidade horizontal, para que sexa cuberto por un policía local doutros concellos; cinco postos de policías, que serán seleccionados a través da Academia Galega de Seguridade; dous sepultureiros, un libre e outro de promoción interna; e tres vacantes de operarios.
Relacionadas:
-
Convocan 49 prazas de oferta pública de emprego no Concello, 30 de quenda libre
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A oferta pública de emprego de Pontevedra amplíase con dezaseis prazas máis
Por Alejandro Espiño |
-
Modifican os métodos dos exames para acceder ás prazas convocadas polo Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra amplía en doce prazas a oferta pública de emprego municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra inclúe 33 prazas na súa oferta pública de emprego para 2020
Por Alejandro Espiño |