Os hospitais de Pontevedra rescatan a Vigo ao dispararse a súa lista de espera
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A estrutura de xestión integrada de Pontevedra e o Salnés segue a mellorar de xeito importante a súa actividade asistencial durante os nove primeiros meses de 2013, segundo explicou este venres en rolda de prensa o xerente, José Manuel González.
Como datos máis salientables que a demora media na área integrada situase en 38,6 días para unha intervención cirúrxica e en 27,1 días de espera para unha primeira consulta. O gasto farmacéutico nos hospitais de Pontevedra-Salnés reduciuse en máis de seis millóns de euros nos primeiros meses de 2013.
José Manuel González tamén apuntou que no Complexo Hospitalario de Pontevedra rexistrouse un importante incremento na actividade cirúrxica, de consultas e de probas diagnósticas. Incrementouse tamén a porcentaxe de cirurxía ambulatoria, que non require ingreso hospitalario, e o rendemento dos quirófanos situouse no 76 %.
Tamén o hospital do Salnés mellora de xeito importante a súa actividade integral durante os nove primeiros meses de 2013. A súa demora media de atención a pacientes con prioridade 1 en lista de espera cirúrxica manténse por debáixo dos 10 días.
O Hospital do Salnés atendeu entre xaneiro e setembro 66.649 consultas, 1.490 máis que na mesma época do pasado ano. Os novos datos de actividade tamén revelan que se realizaron un total de 3.629 intervencións cirúrxicas, 96 operacións máis que no mesmo período de 2012.
No transcurso da súa intervención, José Manuel González sinalou que estes bos datos "case imposibles de mellorar" sitúan os Hospitais de Pontevedra e o Salnés a cabeza dos centros sanitarios galegos superando, a 30 de setembro, os principais obxectivos fixados pola Consellería de Sanidade para o ano 2013 e coma exemplo sinalou que "se están añadiendo pacientes de Vigo a mayores", de los de este Complexo Hospitalario.
Esta situación xa ven dende o pasado verán cando o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) comezou cun programa especial para derivar a Pontevedra pacientes que necesitaban operacións menores. O que empezou sendo unha medida excepcional vai camiño de consolidarse xa que a lista de espera de Vigo atópase nuns niveis moi altos.
Relacionadas:
-
Pontevedra e O Salnés consolídanse como a área sanitaria galega con menos listas de espera
Por Redacción |
-
José Manuel González: "40 anos son bastantes para un hospital. Montecelo estase achegando ao límite da súa capacidade"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
CIG Saúde denuncia falta de transparencia do Sergas sobre as listas de espera do CHOP
Por Oskar Viéitez |
-
As listas de espera do CHOP son as máis baixas de Galicia por segundo trimestre consecutivo
Por Natalia Puga |
-
Os resultados do CHOP "son los mejores de los grandes hospitales de Galicia"
Por Oskar Viéitez |