O Concello repara as filtracións na Praza de Ponteporto
Por Redacción
O Praza de Ponteporto comezou esta semana coas súas obras de mellora da pavimentación e da impermeabilización, que se acometerán durante as próximas semanas e que suporán a solución dunha problemática de humidades que era urxente resolver.
Tal e como indicaron este luns fontes municipais, levase a cabo esta actuación "despois de que en 2016 xa se realizaran estes mesmos traballos no nivel inferior da praza".
Este proxecto permitirá rematar cos problemas de filtracións de agua que se producen no establecemento de alimentación ubicado baixo a praza cando chove, así como con algúns problemas de humidades que se detectaron noutros locais comerciais da zona.
Actuarase nunha superficie total de 1.056 metros cadrados, aos que se suman 25 máis das escaleiras de acceso desde a Avenida de Ourense e da escaleira central que comunica os dous niveis da praza.
A actuación consistirá na demolición do pavimento existente, así como das capas de material impermeabilizante que xa están obsoletas. Aplicarase o novo material e levará a cabo unha substitución do sistema actual de recollida de augas pluviais para instalar tres tramos de sumidoiros lineais, que serán enlazados coas baixantes.
Aproveitando o proxecto de mellora, renovarase parte do mobiliario urbano, coa instalación de 7 novos bancos, e substituiranse as luminarias da praza por bombiñas de tecnoloxía LED.
O orzamento total do proxecto ascende a 237.183 euros, que se investirán con cargo ao Remanente de Tesourería.
Relacionadas:
-
Os marinenses máis pequenos gozan da renovada praza de Ponteporto e os maiores dos Cantos de taberna
Por Oskar Viéitez |
-
Só restan "pequenos retoques" para estrear a renovada Praza de Ponteporto
Por Redacción |
-
Marín investirá o seu remanente na reforma da Casa do Mar e na pavimentación de Ponteporto
Por Redacción |
-
Acometen a impermeabilización da praza de Ponteporto
Por Redacción |