Rías Baixas centrará a súa actividade internacional en Estados Unidos, Reino Unido e Alemaña
Por Redacción
Na súa aposta por incrementar a súa presenza nos mercados exteriores, a D.O. Rías Baixas reuniuse este venres con 21 adegas no Pazo de Mugartegui. Un encontro no que os presentes coincidiron en que se manterá a aposta polos mercados maduros, cun rápido retorno, como poden ser Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Puerto Rico, Holanda, e, que logo explorará mercados potenciais como Panamá Colombia, Paraguai, e Rusia a través de accións puntuais.
Seguindo con esta filosofía de traballo, o Consello Regulador ten previsto organizar un showroom dos viños de Rías Baixas con adegas en Londres o próximo 25 de novembro. Unha acción dirixida a prescriptores ingleses, cuxa experiencia servirá para deseñar as actuacións promocionais de 2014.
Como novidade, este Consello Regulador anunciou que ten previsto acudir o próximo ano á feira Prowein cun posto xenérico-marquista, similar ao de Alimentaria Barcelona, onde cada adega contará cun espazo propio como coexpositora e para o que xa hai empresas interesadas.
Durante esta reunión de traballo quedou patente que as exportacións é un obxectivo prioritario para este Consello Regulador e as súas adegas, así como que o 30% do seu presuposto xa se destina a este apartado. Na actualidade, noventa adegas desta denominación encóntranse en plans de exportación e, o reto de todas ela e doutras que esperan sumarse é coller unha maior cota de mercado. O presidente da denominación, Juan Gil, animou ás adegas a seguir investindo neste apartado.
CONVENIO CÁMARA COMERCIO VILAGARCÍA
Consciente do esforzo presupostario que supón para as empresas participar nestas actividades, o Consello Regulador asinaba esta mañá un convenio de colaboración coa Cámara de Comercio de Vilagarcía que axudará ás empresas ás sufragar unha parte destes gastos e, que tamén contará con actividades dirixidas a este apartado: "ÿ necesaria a participación e implicación das empresas" recordou o secretario xeral, Ramón Huidobro.
Seguindo coa mesma liña de traballo continuarase apostando por misións inversas de prensa, sumilleres, pero incidiranse nas visitas de importadores. Tamén se manterá a participación en feiras e organizaranse mesas de traballo con importadores.
Relacionadas:
-
A City londiniense abre as súas portas aos viños de Rías Baixas
Por Redacción |
-
As pequenas adegas de Rías Baixas tamén queren apostar pola internacionalización
Por Redacción |
-
Rías Baixas aos yankis: ¡Non deixen que o xe lles intimide!
Por Oskar Viéitez |
-
Os viños de Rías Baixas reconvértense en 'viño celta' para aumentar as súas vendas en Irlanda
Por Redacción |
-
Rías Baixas "coloniza" sete novos países, entre eles, Vietnam, Tailandia ou Kazaxistán
Por Alejandro Espiño |