O Concello destinará 34.000 euros a mellorar o "moi deteriorado" camiño da Rascadeira
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de anunciar que asinou o contrato para o proxecto de pavimentado do camiño da Rascadeira, unha actuación para a que conta cunha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra polo 100% do investimento.
Segundo a información facilitada polo Concello, a actuación ten un importe de 34.000 euros e permitirá mellorar un vial que estaba moi deteriorado e que precisaba dunha intervención en profundidade.
O alcalde, Jorge Cubela, explicou que "xa lle explicamos aos veciños que era necesario impulsar un proxecto global cunha nova capa de aglomerado en quente, xa que non valía bachear polo deterioro de varios tramos deste camiño".
O proxecto técnico encargouse a unha enxeñería externa debido ás afeccións de Augas de Galicia e patrimonio cultural. Ademais, por este mismo motivo, foi necesario tramitar os permisos sectoriais pertinentes ante os organismos afectados.
O proceso de adxudicación da obra atrasouse debido á necesidade de pedir os permisos, pero Cubela destacou que "fixemos as cousas ben", cun proxecto técnico impulsado durante o exercicio pasado, coas autorizacións sectoriais xestionadas, coa correspondente solicitude de varias ofertas, e obtendo unha subvención. Así, insiste en que ás veces, aínda pondo toda a "carne no asador" dende o Concello, "os procesos vanse alongando debido ao que tardan as tramitacións".
Por outra banda, o Concello explicou que o alcalde reuniuse no Consistorio con representantes veciñais, amosoulles toda a documentación e deulle todas as explicacións sobre o proceso realizado.
Ademais, presentoulles os novos proxectos nos que está a traballar o Concello para seguir mellorando os accesos na Xesteira. Xa contan cun proxecto de mellora do acceso a área recreativa da Xesteira.