Un Audi A6 híbrido de cor azul escura será o novo coche oficial da alcaldía
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra cambiará o seu antigo coche oficial Audi A6 turbodiésel por un novo Audi A6 50 TFSIe Quattro, un modelo híbrido que a empresa Vehículos Pérez Rumbao presentaba ao concurso para a adquisición dun novo vehículo para prestar servizo á alcaldía do Concello de Pontevedra.
A mesa de contratación que se desenvolvía este martes nas oficinas municipais aprobou o informe emitido polo técnico designado para a adquisición deste vehículo ao considerar esta oferta como a máis "vantaxosa para os intereses municipais".
Esta berlina dispón dun motor de combustión interna, con potencia de 195 kW ou 265,2 C.V., ademais dun motor eléctrico de propulsión con potencia de 105 kW ou 142,8 C.V.
Coa combinación destes dous motores, a potencia combinada do vehículo alcanza un máximo de 220 kW ou de 299,2 C.V.
A proposta de adxudicación queda finalmente en 62.900 euros, con IVE engadido, e o prazo de entrega establécese en catro meses. O orzamento de licitación previsto inicialmente situábase en 74.415 euros. O novo vehículo oficial será de cor azul escura con sistema de limitación de velocidade e star-stop.
Relacionadas:
-
Domínguez asegura que venderá o coche oficial da Alcaldía cando sexa alcalde
Por Redacción |
-
Domínguez censura os "privilegios" dos concelleiros e o goberno municipal táchao de "mentiroso"
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
O novo coche oficial do alcalde será unha berlina de tecnoloxía híbrida e enchufable
Por Alejandro Espiño |
-
O coche oficial do alcalde xubílase tras 25 anos de servizo e case 300.000 quilómetros
Por Alejandro Espiño |