Os casos activos de covid seguen en descenso na área sanitaria con 130, nove menos
Por Diego Espiño
O Servizo Galego de Saúde informa que este mércores 22 de setembro a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta con 130 casos activos de covid. Esta cifra supón un descenso de 9 con respecto ao martes.
No balance do Sergas recóllese que na última xornada sumáronse ás estatísticas 9 contaxios novos, mentres que 18 persoas afectadas recibiron o alta epidemiolóxica ao superar a infección.
Onde non hai cambios é na cifra de hospitalizacións, con 7 persoas ingresadas en planta no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e un máis evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo.
Desde o inicio da pandemia superaron o coronavirus 21.052 persoas na área sanitaria pontevedresa, rexistrándose 203 falecementos de pacientes con positivo activo en covid.
Por último o Sergas sinala que nas últimas 24 horas realizou 269 probas PCR.