O Concello non poderá salvar as Galerías da Oliva da súa demolición parcial
Por Alejandro Espiño
A pesar da conmoción social que provocou en Pontevedra o proxecto de demolición de dous edificios en Gutiérrez Mellado e Michelena, que levará por diante parte das Galerías da Oliva, os mecanismos administrativos para impedilo son nulos.
Así o recoñeceu o edil de Urbanismo, Xaquín Moreda, que asegurou que desde o Concello "non podemos obrigar" a manter as galerías intactas. "*É unha cuestión dos propietarios", engadiu.
Estas galerías comerciais "non son unha rúa" nin tan sequera están recollidas no plan de ordenación urbana en vigor como un camiño de paso.
Sen esa limitación, sinalou Moreda, "poden ocupar todo se queren".
Mentres tanto, non se rexistraron novidades con respecto á operación inmobiliaria adiantada hai unha semana por PontevedraViva.
A licenza para a demolición do edificio de Gutiérrez Mellado 3 xa está concedida e os seus promotores depositaron xa a fianza ante a administración municipal.
O segundo edificio afectado, en Michelena 11, está pendente do informe de Patrimonio, ao estar incluído na área de protección do BIC da igrexa da Peregrina.
Relacionadas:
-
A un paso de demolerse un tramo das Galerías Oliva
Por Redacción |
-
O "non" de Patrimonio a derrubar o edificio de Michelena deixa no aire a demolición das Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño |
-
Patrimonio non autoriza a demolición do edificio de Michelena lindeiro coas Galerías da Oliva
Por Alejandro Espiño |
-
Concedida a licenza para executar a derriba dun tramo das Galerías Oliva
Por Oskar Viéitez |
-
Desolación nas Galerías da Oliva: "Sabíamos que algo había pero non nos contaron a verdade da situación"
Por Manu Otero |
-
Proxectan demoler parte das Galerías Oliva e dous edificios en Gutiérrez Mellado e Michelena
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |