Impulsan desde Pontevedra unha campaña para enviar produtos de primeira necesidad á La Palma
Por Redacción
A situación catastrófica que provocou a erupción volcánica da illa da Palma espertou unha onda de solidariedade en toda España para axudar aos afectados, especialmente ás familias que o perderon todo como consecuencia do paso das coadas de lava.
En Pontevedra, a asociación de comerciantes Zona Monumental púxose á fronte dunha campaña coa que enviar a Canarias produtos de primeira necesidade para paliar a delicada situación na que se atopan miles de persoas que foron desprazadas dos seus fogares.
Os produtos prioritarios que se están demandando desde La Palma son roupa, calzado, produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedoiros.
Os envíos pódense realizar a través de Correos, de forma totalmente gratuíta tras un acordo co operador, indicando que se envían desde o Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Os datos que hai que poñer no envío son os seguintes:
"CCU Zona Monumental Pontevedra - FEDEPALMA - COCAHI - CORREOS, COA ILLA DA PALMA"
AYUNTAMIENTO DE LOS LLANOS DE ARIDANE
Á ATENCIÓN DE JESICA
PRAZA DE ESPAÑA S/N
38760 LOS LLANOS DE ARIDANE (LA PALMA)"
Ademais, Zona Monumental recollerá tamén material na súa sede da rúa Serra para o seu posterior envío á Federación de Empresarios da Palma (FEDEPALMA), que coordina toda esta campaña.
As entregas terán que ser polas mañás de luns a venres e xa todo envolto para o envío ou, en caso de querer concertar unha entrega, haberá que chamar ao teléfono 685 896 569.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro organiza unha gala solidaria para recadar fondos para La Palma
Por Redacción |
-
A chocolatada solidaria recada 2.266 euros para La Palma
Por Oskar Viéitez |
-
Cariño e apoio por parte da Xunta para os peregrinos da Palma no seu paso por Pontevedra
Por Redacción |
-
O pracer extra dun pastel de Capri: toda a caixa do sábado irá para A Palma
Por Natalia Puga |
-
Un euro por habitante para axudar os municipios afectados pola erupción volcánica da Palma
Por Redacción |