Un euro por habitante para axudar os municipios afectados pola erupción volcánica da Palma
Por Redacción
A situación causada pola erupción volcánica de Cabeza de Vaca na Palma desde o domingo 19 provocou mostras de solidariedade que chegaron tamén ao Concello de Sanxenxo. O pleno da corporación municipal aprobará o vindeiro luns, a partir das 20.30 horas, unha moción de apoio económico que se traducirá nun euro por cada habitante do municipio das Rías Baixas, segundo indicou o alcalde Telmo Martín.
A referencia poboacional será a rexistrada no padrón municipal este domingo 19, cando Sanxenxo sumaba 17.810 habitantes. As axudas está previsto que se repartan de forma proporcional por cada concello. Los Llanos de Aridane conta con 20.760 habitantes e El Paso sitúase en 7.623 residentes.
Con estas axudas quérese apoiar ás persoas que perderon a súa vivenda, os seus cultivos e outros bens como vehículos, que foron devorados pola lava volcánica procedente de Cumbre Vieja ao seu paso.por estes municipios.
Telmo Martín destaca o carácter solidario da cidadanía de Sanxenxo ante a dor, a angustia e a desesperación que senten os habitantes da Palma.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro organiza unha gala solidaria para recadar fondos para La Palma
Por Redacción |
-
A chocolatada solidaria recada 2.266 euros para La Palma
Por Oskar Viéitez |
-
Cariño e apoio por parte da Xunta para os peregrinos da Palma no seu paso por Pontevedra
Por Redacción |
-
O pracer extra dun pastel de Capri: toda a caixa do sábado irá para A Palma
Por Natalia Puga |
-
Impulsan desde Pontevedra unha campaña para enviar produtos de primeira necesidad á La Palma
Por Redacción |